A vinganza do defunto de Carlos G. Reigosa foi a novela da que se falou a semana pasada no club de lectura e como de costume houbo opinións diversas. Trátase da quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde que resolverán un misterio do pasado con raíces no presente. Esta obra de intriga entretuvo a uns e desgustou a outros ainda que houbo unanimidade en canto a que nos descobre toda unha serie de feitos históricos de interese acontecidos en Galicia durante a II Guerra Mundial. Así coñecemos que no concello de Vila de Cruces houbo minas de volframio, as minas de Fontao, ou que Vigo e o seu porto convertíronse nunha vía de escape tanto para xudeus como para nazis.
O título que protagonizará a reunión do club de lectura de abril é Almas grises de Philippe Claudel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario