Xa é ben sabido que en Caldas de Reis e arredores, hai un bo número de nenas e nenos que son uns artistazas. En numerosas ocasións xa o amosaron na biblioteca.
E o venres 24 de maio, no obradoiro de minicontos impartido por Patricia de O faiado de Nin, volvérono demostrar. As prazas enchéronse enseguida! E fixeron ben pois foi do máis divertido.
Antes de nada, Patricia explicou moi ben en que consistía a actividade e os pasos que había que seguir. Ata as instruccións foron entretidas e todos as seguiron atentamente.
Moitas e moi diferentes historias crearon os nosos artistas. Houbo unicornios devoradores de hamburguesas, un ladrón chamado Marco, unha tostadora malhumorada que tiña por amiga unha batidora.
O ladrón Marco antes...
e despois.
Tamén houbo paxariños que ían a Eurovisión e que cantaban cancións de Michael Jackon e outros que namoraban e tiñan familia.
Soubemos a orixinal historia dun acordeón.
E non podía faltar os superheroes "Iron Nuno" A súa creadora ten un irmán que se chama Nuno... casualidade?! Que proba tan bonita de amor!!!
As rapazas e rapaces inventaron o argumento, e decoraron o seu conto. Foron escritores, ilustradores, maquetadores... Quedaron verdadeiras xoias!
Escribiron, leron, imaxinaron, organizaron as tarefas, debuxaron... foi un obradoiro moi completo.
E como tamén eles se sentían orgullosos, houbo lectura en voz alta para que todos a poidaramos escoitar. E moitos posaron con ledicia coa súa creación.
E para finalizar o posado "en familia"