O 23 de abril, Día do Libro, sempre o celebramos na biblioteca. Sesións de contos, obradoiros, programas de radio...Este ano a biblioteca está pechada, pero non queremos deixar de facelo. Sabemos que a moitos de vós os libros (papel ou dixital) estanvos facendo máis levadeiros estos días de confinamento. Anímate e faite unha foto con ese libro no teu recuncho preferido da casa para a lectura...e a ser posible que se vexa o título!
xoves, 16 de abril de 2020
luns, 6 de abril de 2020
Caldas de Reis: Los hermanos Salgado e M. Murguía
Luis Mª Salgado Sáenz, estudioso da historia de Caldas de Reis, en concreto da vida dos irmáns Salgado, e amigo da biblioteca, pon a disposición de todos uns cantos artigos publicados en prensa nos últimos anos así como a derradeira versión do seu libro "Caldas de Reis: Los hermanos Salgado y M. Murguía" no blogue http://caldasdereisysalgado.wordpress.com
As edicións anteriores en formato papel, doazóns do autor, están a disposición dos interesados na biblioteca municipal como parte do seu fondo local.
xoves, 2 de abril de 2020
Día do libro infantil
Como xa sabedes andamos a encher de contidos o facebook da biblioteca: Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis e queremos facelo participativo, que mellor que con iniciativas como esta que nos recordan que a lectura é unha das mellores formas de pasar o noso tempo de lecer.
mércores, 1 de abril de 2020
Facebook da biblioteca municipal
Onte, por fin, publicamos a páxina oficial de facebook da Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis. Queremos deste xeito abrir unha nova canle de comunicación cos nosos usuarios e esperamos convertilo nun espazo participativo que sexa de utilidade para os veciños e veciñas do pobo.
2 de abril, Día do Libro Infantil
Este é o cartel do Día Internacional do Libro Infantil (ano 2020) que se celebra cada 2 de abril conmemorando a data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Co cartel, ilustrado por Damijan Stepancic, acompáñase a mensaxe de Peter Svetina "Fame de palabras".
Máis información: http://www.galix.org/2020/03/2-de-abril-dia-internacional-do-libro.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)