martes, 14 de marzo de 2023
Visita da rapazada do CRA de Calda de Reis
O mércores 8 de marzo a biblioteca volveuse a encher de nenos e nenas. Un grupo de trinta pequenos do CRA de Caldas de Reis procedente das escolas de Carracedo, Santo André, Saiar e Godos e acompañados polo profesorado coñeceron o centro, os seus servizos e por suposto gozaron cos libros que lles fomos ensinando e con algunha que outra historia que lle contamos.
Grazas pola visita!
sábado, 11 de marzo de 2023
Extraordinarias pero silenciadas
A biblioteca municipal quixo celebrar a data do 8 de marzo, Día da muller, cunha pequena mostra de materiais librarios titulada Extraordinarias pero silenciadas.
Libros que nos falan da vida e obra de mulleres moi destacadas nos seus campos pero invisibilizadas para o gran público.
Para máis información sobre a mostra consultade aquí:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)