xoves, 23 de decembro de 2021

Horario de Nadal


 

A luz de Caldas chega á biblioteca


    O pasado 17 de decembro presentouse a obra "A luz de Caldas" do xornalista Fernando Salgado e editada polo Concello de Caldas de Reis. O libro pretende achegar ao público a historia da antiga central hidroeléctrica de Segade así como a súa recente adquisición por parte do Concello de Caldas de Reis.

    O libro forma parte do fondo local pero destinarase un exemplar para o servizo de préstamo. Achégate ata a biblioteca a coñecer un pouco mellor o teu pobo!

"Días de Reykjavík" na biblioteca

    Ernesto Diéguez Casal, veciño de Caldas de Reis presentou o pasado 7 de decembro na biblioteca municipal o seu libro de contos "Días de Reykjavík" editado pola editorial Piezas Azules. A presentación deixounos entrever a uns personaxes que teñen en común un tempo e un espazo, a cidade de Reykjavik, onde o noso autor viveu e traballou durante uns anos.

    A obra xa forma parte da colección da biblioteca municipal e os usuarios poden levala en préstamo aos seus domicilios.



martes, 21 de decembro de 2021

Novidades na biblioteca

    Coa chegada do Nadal un feixe de novidades ocupan o seu espazo na biblioteca. Hai para todos. Para grandes e pequenos, historias de vida en Reykjavík, novelas de amor, de misterio, novelas premiadas, ensaio histórico, obras de divulgación que nos achegan a lugares afastados, cómics...ata un pouco de música, dende o punk á máis tradicional!

Aí vai unha pequena mostra:

NOVELA 

 

OBRA DE DIVULGACIÓN


INFANTIL

 

Se queredes ver o listado completo picade neste enlace:

martes, 7 de decembro de 2021

Club de lectura

 A novela de Pablo L. Orosa, Fálame do silencio foi a obra que comentamos este pasado mes de novembro. A complexidade da estrutura narrativa onde varias voces se cruzan e hai que ir encaixando cada peza coma se dun quebracabezas se tratara fixo que algúns dos membros do club non remataran a súa lectura. Esta  novela de intriga e memoria na que os silencios marcan as vidas dos seus protagonistas require dunha lectura continua e concentrada. A historia lévanos pola Coruña da época da transición sen olvidar o tempo presente ou a época da ditadura pero non estamos ante unha novela histórica senon ante unha novela que reflexiona sobre a identidade e onde a emigración xoga tamén o seu papel na historia.

    A próximo libro do que falaremos é Formas de estar lejos de Edurne Portela e as reunións serán antes do Nadal.



Presentación do libro Días de Reykjavík