A novela de Pablo L. Orosa, Fálame do silencio foi a obra que comentamos este pasado mes de novembro. A complexidade da estrutura narrativa onde varias voces se cruzan e hai que ir encaixando cada peza coma se dun quebracabezas se tratara fixo que algúns dos membros do club non remataran a súa lectura. Esta novela de intriga e memoria na que os silencios marcan as vidas dos seus protagonistas require dunha lectura continua e concentrada. A historia lévanos pola Coruña da época da transición sen olvidar o tempo presente ou a época da ditadura pero non estamos ante unha novela histórica senon ante unha novela que reflexiona sobre a identidade e onde a emigración xoga tamén o seu papel na historia.
A próximo libro do que falaremos é Formas de estar lejos de Edurne Portela e as reunións serán antes do Nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario