Blogue da Biblioteca municipal “P. M. Martínez Ferro” de Caldas de Reis
mércores, 11 de maio de 2022
Novidades
Chegaron novos títulos á biblioteca! Intentamos atender peticións dos nosos usuarios e por suposto non faltan algúnhas novidades editoriais. Coma sempre hai un pouco de todo e para todos.
Coñecemento
Ficción
Para xóvenes lectores
e por suposto para os máis pequenos
Se queredes ver o listado completo consultade aquí:
martes, 10 de maio de 2022
Carteiro en bicicleta
Para coñecer un pouco máis sobre as nosas letras e o escritor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán chamamos a Caxoto da Trastenda dos Contos para que cunha contada, ademais de pasalo ben poidamos descubrir algunhas cousas sobre os nosos autores e obras. Esperámosvos o venres 13 de maio ás 18.00h. A actividade esta orientada para nenos e nenas maiores de 4 anos e como sempre précisase inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 986530604.
luns, 2 de maio de 2022
A muller na ciencia
Estos días, do 2 ao 6 de maio, vai ter lugar o Programa Cultura Ciéntifica "Sabi@ Caldas" e a biblioteca pública municipal "P. M. Martínez Ferro" expondrá unha pequena mostra bibliográfica titulada "A muller na ciencia". Trátase de 26 títulos para grandes e pequenos onde predominan as biografías sobre mulleres que tiveron un papel fundamental no desenvolvemento da ciencia ou da técnica ao longo da historia. Obras divulgativas que se adaptan a distintas idades e moi atractivas polo que vos animamos a visitar a biblitoeca e levar en préstamo este material.
Se queredes consultar o listado abride este enlace:
venres, 29 de abril de 2022
Club de lectura de abril
Esta semana, o mércores e xoves 27 e 28 de abril, tiveron lugar as reunións do club de lectura para comentar a obra de Philippe Claudel "Almas grises".
Por suposto houbo disparidade de opinións pero en xeral estivemos de acordo en que non se trata dunha novela negra e polo tanto se alguén vai con esas expectativas pode sentirse decepcionado como lle pasou a algún dos compañeiros do club. A escrita gustou ainda que os saltos temporais despistaron a máis de un. Os personaxes están ben descritos e a localización da historia, o seu entorno, moi preto dun campo de batalla en plena I Guerra mundial confórmase como un personaxe máis da novela.
É unha historia fascinante e perturbadora, onde a protagonista principal é a miseria humana, que por momentos chega a saturar, xa que non hai lugar para a esperanza.
Esta é a segunda obra do autor que lemos no club. A primeira foi "La nieta del señor Linh" que tamén deixou unha forte pegada na memoria dos integrantes do club.
As reunións de maio versarán sobre a lectura da obra de Diego Ameixeiras "A crueldade de abril" editado por Xerais.
mércores, 27 de abril de 2022
Día do libro con Dani Blanco
O sábado pasado celebramos o Día do Libro co espectáculo de narración oral "Tanto vai o cántaro á fonte " de Dani Blanco.Contos para concienciar a grandes e pequenos sobre o valor da amizade ou a importancia de coidar a natureza e onde o humor foi un elemento clave da contada. Un grupo de máis de 30 nenos e nenas gozaron xunto cos seus pais, nais e/ou avos da actividade.
Ata outra rapaces!
Coñece a túa biblioteca
Hoxe rematamos coa visita do último grupo de Educación Infantil, os "veteranos" do colexio CPR La Encarnación. Durante este mes de abril achegáronse ata a biblioteca os tres grupos de Infantil do centro que participan sempre da actividade "Coñece a túa biblioteca".
![]() |
Hoxe, 27 de abril, estiveron os "veteranos" |
Foi un pracer mostrarlles a biblioteca, falarlles dos servizos e por suposto presentarlles un feixe de atractivos materiais. Compartimos con eles o envío que nos chegou por correo... unha maleta que un bibliotecario moi especial nos mandou e que viña chea de sorpresas!
Grazas ás profesoras e á rapazada!
![]() | ||
O 6 de abril visitaron a biblioteca os pequenos |
![]() | |||
Os de 2º de infantil estiveron o 20 de abril |