Hoxe chegounos en forma de agasallo dende a Facultade de Historia da Universidade de Vigo a publicación A Pedra do Encanto. Os relatos das vellas pedras. Trátase do libro da exposición sobre a historia do
conxunto de petróglifos da Pedra do Encanto e Os Ballotes (Bamio, Vilagarcía de Arousa) feita coa
participación de investigadoras e investigadores da Universidade de
Vigo.
Agradecemos a Beatriz Comendador, profesora da Facultade de Historia do Campus de Ourense e coordinadora do Grupo de Innovación Docente en Educación Patrimonial o envío da publicación para así dar a coñecer os distintos núcleos de arte rupestre da contorna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario