Como se fosemos rapaces en idade escolar, as persoas que
formamos o club de lectura da biblioteca de Caldas de Reis, tamén facemos unha
sesión especial antes das festas. Variamos a data do encontro que se adianta
unha semana, xoves 20 de decembro, e poñemos na mesa, ao lado dos libros, doces
navideños.
E así, entre polvoróns e bombóns imos comentando a lectura
da obra ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? da autora inglesa Jeanette
Winterson.
Provocou un debate intenso, establecéndose dúas posturas
opostas. A quen lle gustou o fixo de tal modo que mercaría o libro para unha segunda lectura.
E o lado deste sentir estaba o de quen lle pareceu
insoportable e pretencioso.
É unha novela con grandes saltos temporais e plagada de
referencias literarias. A autora conta a súa vida desde a infancia cunha familia
adoptiva e unha nai absorbente, manipuladora e fanática relixiosa. É unha historia diferente contada de xeito diferente. Apta
só para algúns!?
O vindeiro título que imos ler no club é Benquerida catástrofe de Teresa Moure.
Ningún comentario:
Publicar un comentario