A expidición saiu de A Coruña e levou tamén á directora da casa de expósitos desa cidade, Isabel Zendal Gómez, en calidade de enfermeira.
O libro gustounos aínda que había quen consideraba que os protagonistas eran planos e con pouca profundidade psicolóxica. Coincidimos que se trata dunha lectura destinada ao público adolescente pero iso non debería xustificar a sensación de ser unha historia narrada de xeito "light", termo usado por algúns dos membros do club.
Debatimos sobre a cuestión ética e moral de usar a nenos orfos para
ese fin. E tamén nos percatamos de que un fito histórico tan importante é
pouco coñecido, incluso aquí en Galicia, de onde eran moitos dos seus
protagonistas.
A lectura invita a realizar búsquedas para
ampliar coñecementos. Hai un exemplar do libro na biblioteca, anímate a levalo en préstamo!
O próximo club de lectura terá lugar o 20 de decembro e o libro do que falaremos será:
¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? de Jeannette Winterson.
Ningún comentario:
Publicar un comentario