Onte, martes 27 de novembro, tivo lugar unha charla moi ilustrativa na biblioteca municipal "A loita das mulleres indíxenas en Guatemala".
Juventina López Vásquez e Manuela Xocol a través da Deputación de Pontevedra e da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento contaron as súas experiencias como activistas e promotoras dos dereitos das mulleres no seu país.
A charla está encadrada nas actividades desenvolvidas pola Concellería de Benestar Social neste mes de novembro onde se conmemora o Día contra a violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario