Xeila
é unha nena que ten unha habilidade sorprendente: pode falar cos animais! Grazas a
ela soubemos o motivo polo que os coellos teñen as ourellas longas ou
porque a raposa e o lobo nunca van xuntos. Sempre é un pracer recordar fábulas e contos tradicionais galegos.
Nerea Brey foi a encargada de desenvolver este espectáculo "A nena que podía falar cos animais" que gustou moito tanto aos nenos e as nenas coma as súas familias.
Foi o 23 de xuño, recén finalizado o curso escolar; unha estupenda maneira de celebralo!
Esta actividade foi cofinanciada co programa da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario