O luns 9 de marzo en Radio Caldas e para celebrar o Día Internacional da Muller a Biblioteca Pública Municipal preparou un especial de radio. Integrantes de diversas asociacións caldenses leron textos de autoras como Virginia Woolf, Lucía Etxebarría ou Carme Alborch que nos fixeron reflexionar sobre o papel da muller na sociedade.
Damos as grazas a María, Manuela, Charo, Amor, Fini, Isabel e Nino así como as todas aquelas persoas que fixeron posible esta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario