O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e a biblioteca presenta unha pequena parte dos seus fondos sobre o tema nesta pequena
mostra bibliográfica.
Narrativa,
poesía, ensaio, biografía e cómic están presentes na mesa de exposición.
Coñeceremos ás primeiras exploradoras de África , as vidas de mulleres de bandeira como Clara Campoamor ou Hipatia de Alexandría. Descubriremos o feminismo en Galicia ou os motivos polos que as mulleres continúan sendo invisibles en moitos casos para a medicina.
Seguro que descubres algo que che interesa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario