O personaxe central é Rosalinda, muller de raíces tartaras que será quen narre en primeira persoa a súa vida, así como a da súa filla Sulfia e neta, Aminat. Muller de armas tomar, manipuladora, narcisista, unha supervivinte nata que trata de conseguir os seus obxectivos sen importar os camiños que haxa que seguir.
Compartimos con ela os seus pensamentos e somos testemuñas de situacións delirantes, plagadas dun humor negro que non deixou indiferente a ninguén.
A acción transcorre nalgún lugar de Rusia. Coñecemos como era a vida na derradeira etapa da Unión Soviética onde a corrupción e a escaseza eran habituais. A historia remata en Alemaña onde a familia se traslada para mellorar as condicións de vida. Entre os integrantes do grupo houbo coincidencia en que se trataba dunha
lectura fácil, que atrapaba na súa primeira metade pero a medida que
pasaban as follas perdía forza.
Tamén houbo unanimidade sobre o xuízo negativo que nos mereceu Rosalinda, unha muller sorprendente pero que ninguén quixera tela cerca.
"Imposible que coincidiran tantos aspectos negativos nunha sola persona!!"
"Ata certo punto, era a única da familia que facía algo"
Ningún comentario:
Publicar un comentario