Por fin chegou o día agardado e Pedro Feijoo visitou o club de lectura da biblioteca que tiña os deberes feitos e lera a súa novela Memoria da Choiva. Foi recibido con emoción, parabéns a algunha pequena crítica (hai que oír de todo!)
Esta novela de misterio e intriga con moito de historia e trazos de
humor e crítica, fai que o lector quede atrapado desde as primeiras
follas ata o impactante final.
Aproveitamos a xenerosidade de Pedro e fomos descubrindo grazas ao seu traballo de investigación e documentación, detalles curiosos e anécdotas que estaban agochados entre liñas. Tamén nos descubriu algúns dos seus dos seus trucos, "enganos" e chanzas que son parte do seu estilo literario.
E para quen coñeza a novela, diremos que a pesar do seu aspecto afable, Pedro ten un pouco de Adriano.
Se todavía non descubriches a este autor... a que esperas? Os fillos do mar e A memoria da choiva espérante na biblioteca.
MOITAS GRAZAS PEDRO POLA TÚA VISITA E ATA OUTRA! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario