Estas dúas semanas e con motivo do Día do Libro achegáronse ata a Biblioteca os nenos de Infantil do Colexio A Encarnación.
Os primeiros que nos visitaron foron os maiores acompañados da súa profesora Belén. Tíñamos preparada unha pequena SORPRESA. Facía uns días que chegara unha misteriosa MALETA. En compañía dos nenos descubrimos que se trataba dun envío de GatoPedro, o bibliotecario de Cidade Gata.
O segundo grupo de nenos e a súa profesora Manoli, tras atender ás explicacións sobre o funcionamento e organización da sección infantil, normativa de préstamo, etc, gozaron dunha animada sesión de CONTOS onde GATOS e PEIXES eran amigos, as OVELLIÑAS daban la para facer todo tipo de prendas e movemos o CORPO da cabeza ata os pés.
FOI UN PRACER CONTAR COA VOSA VISITA.
ESPERAMOS QUE O PASÁRADES BEN E VOLVADES PRONTO Á BIBLIOTECA MUNICIPAL.
Ningún comentario:
Publicar un comentario