Onte pola tarde tivemos unha visita moi especial, a de Lilí Gruyére!
Esta ratiña, amiga da biblioteca, entre laranxas, leitugas e tomates contou unha chea de contos ao mesmo tempo que preparaba uns apetitosos pratos.
"Aventuras na cociña" da agrupación TrinkeTrinke Teatro fixo gozar a uns cincuenta nenos e nenas así como aos seus pais.
Promover hábitos saudables na alimentación e fomentar o uso da biblioteca e a lectura, son os obxectivos do contacontos protagonizado polos Ratos da Biblioteca.
Ata outra Lilí! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario