Onte 23 de abril, Día do Libro, a Biblioteca Pública Municipal converteuse nun estudio de radio.
Este ano, e xa é a quinta vez que se leva a cabo, o programa de radio "A Biblioteca nas ondas: especial Día do Libro" presentou unha peculiaridade xa que os protagonistas foron os máis pequenos.
Atendendo a todo o que pasaba ó seu redor |
Un total de 23 nenos e nenas de 3º de Primaria dos colexios Alfonso VII, A Encarnación e San Fermín participaron nesta actividade en compañía das súas profesoras.
Julia, Mario e Aitana, do colexio Alfonso VII, nun momento da súa intervención. Leron un capítulo de Aventuras de Picofino.
Do colexio A Encarnación, Antía leu un parágrafo de A tenda de antigüidades de Daniel Ameixeiro.
Yohanne e Alexia, do colexio San Fermín, trouxéronnos Alicia en el País de las Maravillas.
Os seus compañeiros leron lendas e fábulas, poemas, algúns de creación propia, resumo das súas obras preferidas, etc.
GRAZAS RAPACES ESTIVESTES FANTÁSTICOS!!
As profesoras Rocío, Loli, Josefa e Rosario fixeron as súas aportacións sobre o seu traballo na aula en relación coa animación á lectura.
Grazas a todas polo súa colaboración!
Por suposto Manu e Estela de Radio Caldas colaborando con nós neste día tan especial.
Grazas polo voso entusiasmo! |
O álbum completo coas fotos da actividade estará proximamente na páxina web do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario