martes, 4 de febreiro de 2020

Club de lectura


O xoves pasado reunímonos para falar do libro de Marcos Calveiro "Festina lente". Non era un libro de lectura fácil, empezando polo seu vocabulario que, por momentos, facíase moi complexo.

Destacamos o gran traballo de documentación que fixo o autor e que lle permite retratar con moito detalle a vida en Compostela no século XVII.

É unha novela histórica a través da que coñecemos o mundo do libro naquela época, os costumes nunha cidade como Santiago de Compostela, a presenza e o poder da Igrexa na vida cotiá, etc.

O verbo dos arxinas, máis coñecida como lingua dos canteiros, está moi presente na historia e Ángeles, membro do club de lectura, contounos algunha que outra curiosidade sobre a mesma xa que na súa familia hai persoas con este oficio.

 O próximo libro a comentar no club de lectura é "La novena hora" de Alice McDermott.









Ningún comentario:

Publicar un comentario