A última reunión do club de lectura foi o pasado mes de decembro e como cada ano foi festexada como obrigan as datas, con doces navideños e un pouco de cava!
A lectura de Ladydi, a obra de Jennifer Clement, foi dura debido á temática tratada, a realidade dun grupo de mulleres e nenas nunha zona de montaña dominada polos narcos en Méjico. Violencia, pobreza e machismo plasmados a través da mirada dunha nena o que lle imprime ainda máis dureza á historia.
En xeral gustou moito aos membros do club entre outras cousas pola forma de narrar e a visión panorámica que da dunha situación que a veces vislumbramos nas noticias de sucesos que aparecen na prensa.
O libro do que falaremos na vindeira reunión a finais do mes de xaneiro é:
Ningún comentario:
Publicar un comentario