O pasado venres 5 de abril pola tarde tivemos unha mestura de contada e obradoiro titulada "Un oqo para a sopa" de OQO editora.
Contos, propostas artísticas e música déronse a man e durante hora e
media uns vinte nenos e nenas acompañados dos seus pais escoitaron como
se fai unha sopa moi especial onde a amizade e a colaboración entre
todos foron primordiais para facer un prato que nos dou forza e calor
nun día de frío.
Posteriormente, entre todos, preparamos unha sopa moi nutritiva que despois foi repartida entre os asistentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario