O 20 de marzo é o día da Narración Oral e desde a biblioteca
tamén o queremos celebrar. En realidade, celebrámolo todo o ano pois as sesións de contos son frecuentes pero en marzo sempre hai unha especial pois é para público adulto. Queremos así lembrar que os contos non saben de idade.
Nesta ocasión tivemos a sorte de contar con Paula Carballeira Cabana, unha das mellores narradoras e de recoñecido prestixio internacional. Veu o venres día 30 co seu espectáculo "Os contos que me contan".
Paula contounos contos que nos levaron a ver califas, chineses, barqueiros, mortos, vellas sabias...
As cadeiras quedaron todas ocupadas pola xente que seguía atenta, gozando dunha verdadeira sesión de narración oral.
Grazas a súa arte da palabra contada rimos, sentimos medo, recordamos.. en fin que nos emocionamos de mil maneiras. Ata nos fixo cantar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario