Nenas e nenos de Caldas participantes no "Obradoiro de mochilas para grandes lectores" celebrado onte venres pola tarde mostraron unha grande creatividade para
decorar as súas propias mochilas nas que levar os libros da biblioteca.
Por suposto
os elementos decorativos estaban relacionados coa lectura e a fantasía dos contos.
Pronto a
biblio se encheu de unicornios, nubes das que chovían letras, belas
adormecidas, libros, e tamén houbo un balón que botaba letras...
Todo un patadón
literario grazas o que Messi e Ronaldo se xuntaron con carapuchiñas, lobos e
personaxes de conto…
Fixeron un gran traballo e sairon da biblioteca coas mochilas a rebosar de libros cos
que seguir a encher a súa fantasía.
Patricia de "O Faiado de Nin", foi a encargada de conducir
este fantástico obradoiro.
Grazas a ela e os rapaces polo seu entusiamo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario