Onte pola tarde tivemos outro "Venres de conto" e a Biblioteca Municipal de Caldas de Reis encheuse de nenos e nenas para ver a actividade "Maxia divertida 2.0".
O Mago Paco presentounos unha morea de contos e historias a través de
xogos e da maxia, que levaron á rapazada e tamén aos maiores a descubrir a “maxia
divertida” que esconden os contos.
Precisaba da axuda dos nenos e nenas que como Ángela pasaron diversas probas con moito éxito.
Sopraron con moooita forza....
E funcionou! o libro xa tiña cores!
Deixounos abraiados!
Desta volta, este peculiar personaxe,
argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para
sorprender o seu público.
Sabela fixo o máis difícil...poñer un ovo!
Contou coa axuda de Mateo e de Pedro...uns paviños moi rechulos!
A expectación era máxima!
Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!
Ningún comentario:
Publicar un comentario