Érase unha vez, unha vila chamada Vilaxeada onde vivía unha
velliña moi velliña a quen o sol lle acariciaba as súa engurras todas as mañás…
Deste xeito dou comenzo a actividade organizada pola
biblioteca de Caldas de Reis para aportar o seu gran de area ás celebracións
polo día das Letras Galegas. Non hai mellor maneira que agasallar cuns contos
de Mª Victoria Moreno.
A sesión de contos levaba como título O catavento e outras
historias de Vilaxeada e desenvolveuno a narradora oral, escritora e poeta
Charo Pita que se achegou toda feliz á vila de Caldas tras gañar o premio
Manuel Murguía de narración breve.
Entre contos da homenaxeada este ano polo día das letras, e
unhas cancións que fixo a ledicia de todos os asistentes, pasou a tarde do
venres marabillosamente para os trinta rapaces que asistiron e os maiores que
se quedaron a gozar dunha actividade familiar de lecer.
A actividade está cofinanciada entre o Concello de Caldas de Reis e o programa Ler conta moito da Consellería de Cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario