Debulendo lendas galegas era a proposta que chegou da
man de Esteban de Tarabelos Teatro ata a biblioteca de Caldas de Reis na
tarde do venres. E vaia se debulimos!
Onde coa axuda dun precioso kamishibai, ían saíndo lendas.
Ainda que o principio houbo un momento para falar sobre a figura de María Victoria Morena, a autora a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas.
Resultou unha actividade moi interactiva e animada onde cantamos todos e bailaron algunhas das voluntarias. O baile festexaba o triunfo do pobo ante a terrible Coca de Redondela.
Foi toda unha festa!
Con diversión e risas lembramos ao pirata Drake e a valente María Pita con axuda do público. Houbo loita de espadas e todo.
Esteban tamén nos contou unha lenda onde aparecía unha serea, personaxe mítico que ás veces é malvado e outras non. E coa serea sempre vai un mariñeiro. Entre o público se atopaban.
Coñecemos o modo de atrapar gamusinos, eses animais tan esquivos e coma misteriosos...
A rapazada debuxaba, a medida que os contos ían medrando,
algúns dos personaxes ou elementos necesarios e importantes nas lendas. Foi
todo un aprender ou recordar rindo a ritmo de pandereitas e xotas. E rematamos
cantando e batendo as palmas
Todo iso cun fantástico kamishibai e uns debuxos
impresionantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario