O venres día 20 realizouse o terceiro Venres de conto. Nesta ocasión levou o título de Menos Lobos! e polo tanto, houbo moitos lobos na biblio de Caldas.
Houbo lobos presumidos, guapos, fachendosos ... e claro está, algún lobo
malo, malísimo que fixo escachar á risa a rapaces e maiores.
Os rapaces seguiron atentamente a lectura dramatizada dos contos.
De cando en vez, Rosa mostráballe algunha das ilustracións dos libros.
E despois dos contos, a traballar!! Fixeron a súa propia careta de lobo.
E ben chulas que lles quedaron!! Cánto se divertiron facéndoas e posando con elas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario