sábado, 29 de abril de 2017

Club de lectura de abril


O xoves 27 de abril, a reunión do club de lectura foi moi, moi especial.

En principio, a xuntanza ía xirar en torno á obra Los peces no cierran los ojos, de Erri De Luca,un dos mellores escritores iltalianos e dos máis lidos.

O protagonista desta novela, breve e intensa, recorda aos seus 60 anos aquel verán no que cumpría os 10. Unha cifra importante pois a a infancia acaba oficialmente cando se engade o primeiro cero aos anos, tal como se afirma na obra. Frases como esta non pasaron desapercibidas.
Todas as persoas que leron a De Luca destacaron o gran seu dominio da linguaxe, conciso, exacto e poético. A súa prosa pode ser áspera, incluso incisiva pero está moi coidada e desde logo, é moi particular. Varios aspectos da vida do autor están moi presentes e iso axuda a que o seu estilo sexa único

Pero Erri De Luca non lle ía quitar protagonismo a nosa querida Rosalía que quixo celebrar o seu cumple con nós. E fixo moi ben!

E sorprendeunos con pastas ben saborosas, espumoso, mantel precioso e servilletas vermellas para dar unha nota de cor ao que se presentaba coma unha reunión divertida. Rosalía coidou todos os detalles.



Aquí temos á homenaxeada, feliz e orgullosa de cumprir 80 anos! E non é para menos... Estás estupenda, Rosalía!
Un ambiente de alegría!


 que hai que inmortalizar!

Tamén houbo tempo para comentar a lectura e calificala. Para variar non houbo acordo. Houbo a quen lle gustou tanto que a volveu a ler e houbo para quen simplemente "se deixaba ler".
En calquera caso, é unha lectura moi recomendable.





Practicamente todas tiñamos as nosas frases favoritas que compartimos co grupo. A Rosalía gustoulle moito o seguinte parágrafo:
"Las bocas se vieron juntas e inventaron el beso, el primer fruto del conocimiento. Era mercurio, aquel conocimiento, un líquido sensible a la temperatura de los cuerpos"

Saimos da reunión levando O último día de Terranova de Manuel Rivas, a nosa lectura de maio.

1 comentario:

  1. Me hace muy feliz ver que mi querida prima sigue celebrando sus flamantes 80 años, y hacerlo en medio de libros y de compañeras lectoras seguro que la hacen sentir plena. A seguir celebrando la vida querida Rosalia !!!

    ResponderEliminar