Para celebrar o Día do Libro infantil e xuvenil que foi onte, domingo 2 de abril, a biblioteca de Caldas de Reis adiantouse aos festexos organizando o obradoiro As nosas historias a cargo de Olga Abad o pasado sábado.
Unha ducia de rapacees acudiron a esta actividade sobre como facer e contar historias con sombras chinescas.
Olga mostrounos todos os efectos que se podían facer e tras un conto, os rapaces realizaron as súas propias sombras e logo representáronnas. Como se trataba dun evento, houbo presentadores, técnicos de cores e narradores de contos.
Houbo que facer algún que outro cambio na biblioteca. Movéronse mobles e o máis importante, tapáronse as ventás para quedar a escuras.
Os rapaces estiveron moi atentos durante toda a actividade.
Algúns pais e nais quedaron á actividade participando activamente dela. Dá gusto ver a súa implicación e como gozamos todos, nenos e maiores da maxia dos contos co xogo que daban as luces e as sombras.
Os nen@s levaron para a súa casa as súas obras e co aprendido seguirán representando os seus contos.
Ata outra rapaces!
Ningún comentario:
Publicar un comentario