sábado, 9 de abril de 2016

Club de lectura

Na reunión do club de lectura, o pasado xoves 31 de marzo, houbo un intenso debate en torno a última lectura, Onde houbo lume da autora lucense Marica Campos.
As impresións foron moi diferentes, uns sentiron fascinación e outros só desilusión, de tal xeito que a conversa xirou en torno á súa defensa ou crítica. De aí que o coloquio fose tan visceral e divertido.


A lectura de Onde houbo lume é doada tanto pola linguaxe como pola estruturación do texto. Cun fío condutor, a relación entre unha moza e desorientada xornalista e un vello peculiar, a obra mostra as historias de diversas mulleres con puntos en común: a soidade, o desamor, as presións sociais e familiares...





Que nos deparará o seguinte libro? O xoves 28 de abril ímolo descubrir xa que falaremos de Rosa candida de Audur Ava Ólafsdóttir. Dunha autora de Lugo pasamos a outra de Islandia...Quen dixo medo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario