A Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" festexou o día do libro como vén sendo habitual, cun programa de radio en directo desde o centro, que se celebrou o venres 22 de abril.
Este ano enfocamos o programa cara os clubs de lectura que funcionan no pobo. En concreto o club de lectura do CPI Alfonso VII, os clubs de lectura do IES Aquis Celenis e o da propia Biblioteca Municipal.
Pilar Suárez, coordinadora do club de lectura do CPI Alfonso VII, explicounos como o traballan e as actividades que levan a cabo.
Barka, do CPI Alfonso VII, contou como se enganchou á lectura coa serie After de Anna Todd.
Do IES Aquis Celenis, Ana García e Lía Gallas alumnas de 1º da ESO recomendáronnos A miña planta de laranxa lima e Escarlatina, a cociñeira defunta.
Enara González e Isabel Sanmiguel, tamén do IES Aquis Celenis, fixeron dúas propostas de lectura. Da escritora Iolanda Zúñiga a obra de microrrelatos Vidas Post-it e do autor Carlos Negro Penúltimas tendencias. Puxéronnos os dentes longos ao falar das múltiples actividades que se organizan, entre elas unha excursión a Coimbra!!
Por suposto non podían faltar participantes do club da Biblioteca Municipal.
Estrella García achegounos á obra de Jesús Carrasco Intemperie.
Teresa Pérez, Tati, tróuxonos unhas verbas de Castelao e conversamos sobre a obra da autora Xinran Xue, Nacer mujer en China.
Sostiene Pereira de Antonio Tabuchi foi a elección de María Sanmartín.
E rematamos facendo un pouco de historia sobre o club de lectura da Biblioteca Municipal.
GRAZAS A ESTELA E MANUEL DE RADIO CALDAS!
GRAZAS AOS QUE PARTICIPARON NO PROGRAMA E A TODOS AQUELES QUE AXUDARON E O FIXERON POSIBLE!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario