O xoves tivemos unha interesante reunión sobre a nosa última lectura, La nieta del señor Linh. O libro de Philippe Claudel provocou un debate interesante.
A pesar de ser un texto breve, son moitos os temas que trata: o exilio, a guerra, a emigración, a amizade...Destaca a precisión e a riqueza do vocabulario. É unha lectura moi recomendable, de feito á inmensa maioría de nós nos gustou.
Avisamos que hai tristeza, soedade e dureza entre as súas páxinas pero nós aínda así, botamos unhas risas debido á ambigüidade que suscitou o fina.
O libro foi un éxito de vendas en Francia e xa foi traducido a vinte e cinco idiomas. O seu autor Philippe Claudel, é un recoñecido escritor e conta con destacados premios na súa traxectoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario