Ademáis de ser un éxito de vendas a novela de Nickolas Butler Canciones de amor a quemarropa, está a recibir moi boas críticas. E onte, na reunión do club de lectura do mes de maio tamén recibiu as nosas, aínda que non todas foron moi positivas.
É unha lectura fácil, cunhas descricións tan visuais que case parece que
estás a ler un guión cinematográfico. A historia, o reencontro duns
amigos tras varios anos sen verse, está estruturada dunha maneira
peculiar que foi un punto moi debatido, xa que houbo case o mesmo número
de lectores aos que lles gustou coma aos que non.
Todos coincidimos en que se "deixa ler"
pero mentres que para uns a súa lectura foi entretida, para outros "un
tostón con aires ñoños e infantís" e houbo a quen lle pareceu unha
"vaquerada".
Os tópicos que todos temos na mente da sociedade norteamericana, invaden
toda a narración. O lector ten a sensación que as esceas se suceden pero
que en realidade, non se conta nada. E a moitos de nós os personaxes
parecéronnos planos e descritos con clixés.
De feito este é un dos aspectos que máis nos gusta do club!
O vindeiro título que imos ler e último da temporada será Marcas de nacemento da autora canadense Nancy Huston.
Ningún comentario:
Publicar un comentario