A piques de saír
o novo boletín de novidades da biblioteca ímosvos adiantando unha novela que
non vos deixará durmir.
Atraparavos sen piedade e teredes
que lela dun tirón. Entre as súas páxinas atoparedes amor, filial e romántico,
intriga, suspense e un pouco de historia… que nunca vén mal aprender!
Estamos a
recomendar a última novela do autor vigués Francisco
Castro, Tes ata as 10. O título fai referencia a un correo electrónico que o protagonista recibe do seu pai,
unha vez que xa está morto e enterrado.
Un correo do Máis Alá? Quen lle
fai esa pregunta? E por qué?
Atrévete con
esta novela catalogada como xuvenil pero que ningún adulto debería deixar pasar
a oportunidade de lela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario