luns, 2 de febreiro de 2015

Ryszard Kapuściński visita o Club de Lectura


Un dos aspectos máis interesantes das reunións do club de lectura é o debate que xorde en torno á lectura en común dun libro. Na reunión do pasado xoves día 29 comentamos El Imperio de Ryszard Kapuściński.

 
  
É unha crónica periodística das viaxes do autor pola Unión Soviética, ao tempo que realiza unha crítica moi ácida da época comunista, sen olvidar as épocas anteriores, de modo que sabemos como se xestou ese vasto territorio, ese gran imperio. A grande diversidade cultural e relixiosa é o xerme de moitos conflitos que se transmiten de xeración en xeración a modo de herdanza.
Para algúns de nós, foi unha sorpresa averiguar que os campos de concentración de Siberia estiveron ao mesmo nivel que Auschiwitz. Impresionou coñecer que Stalin provocou e xestionou un episodio de fame que matou a dez millóns de ucraínos como medio para someter e dominar á pobación. Ou como se obrigaba á xente a emigrar provocando neles un sentimento de desarraigo que os facía máis vulnerables. Tamén foi curioso enterarse que é mellor non preguntar moito en Rusia pois quedou na sociedade a sensación incómoda e temerosa dos interrogatorios da policía.

 
  
Por todo o contado ata agora é obvio que o libro é triste e hai moitas secuencias duras. De feito, a algúns membros do club o estilo lles pareceu demasiado denso e agotador pola cantidade de datos.Varios consellos para a súa lectura:
- saber de que vai: non é unha novela rosa je, je...
- vas a aprender moito de xeografía: busca un mapa ou enténdete con Google maps
- le unhas poucas páxinas cada día pero sé constante. 

 

Se segues estos consellos poden pasarche varias cousas:
-  que non o des terminado. Non pasa nada, hai máis libros no mundo!
- que algunhas partes se che fagan difíciles pero que o remates perfectamente
- que che guste tanto, tanto, que estés todo o día pegada a Google maps (a que si, María?!) ou incluso que unha vez rematado o empeces de novo (bravo Ángeles!)

Examinando a nova lectura con moita atención!







Ningún comentario:

Publicar un comentario