martes, 9 de xullo de 2019
venres, 5 de xullo de 2019
Última reunión do club de lectura
Como vén sendo habitual, o club de lectura descansa da lectura compartida durante o verán. Volveremos en outubro cargadas de lecturas cheas de sol e de praia e para facer máis doce a despedida, nesta ocasión fixemos a reunión fóra das instalacións da biblioteca.
Ante un anaco de tortilla, falamos sobre as sensacións e impresións que nos provocou a lectura de El encaje roto. Antología de cuentos de violencia contra las mujeres. Os relatos escritos por Emilia Pardo Bazán foron unha sopresa para a maioría de nós pola súa triste actualidade e brillante estilo.
Foi unha verdadeira marabilla. E o prólogo de Cristina Patiño Eirín, foi moi instructivo.
E con esta recomendación, o club se despide ata outubro.
Desexámosvos un verán cheo de lecturas!
O grupo de conversas de inglés descansan durante o verán
O grupo de conversas de inglés, vaise de veraneo tras xuntarse durante todo "o curso escolar" cada quince días, na biblioteca.
Alí é onde practican o seu inglés dun xeito lúdico e ameno. Pásanno tan ben que de cando en vez, óense risas. Non sabemos se rin en galego ou en inglés pero a risa sempre presta.
Este ano tiveron visitas especiais como a de Nicole Saxby Paige, lectora no colexio San Fermín, con quen compartiron unha reunión moi especial.
Para lembrar xuntanzas tan alentadoras coma esta e despedirse ata outubro, os membros do grupo de conversas en inglés, organizaron unha última reunión moi especial na que nos consta, o pasaron moi ben.
Bo verán e ata pronto!
Bye, bye!
luns, 3 de xuño de 2019
Obradoiro de Minicontos
Xa é ben sabido que en Caldas de Reis e arredores, hai un bo número de nenas e nenos que son uns artistazas. En numerosas ocasións xa o amosaron na biblioteca.
E o venres 24 de maio, no obradoiro de minicontos impartido por Patricia de O faiado de Nin, volvérono demostrar. As prazas enchéronse enseguida! E fixeron ben pois foi do máis divertido.
Antes de nada, Patricia explicou moi ben en que consistía a actividade e os pasos que había que seguir. Ata as instruccións foron entretidas e todos as seguiron atentamente.
Moitas e moi diferentes historias crearon os nosos artistas. Houbo unicornios devoradores de hamburguesas, un ladrón chamado Marco, unha tostadora malhumorada que tiña por amiga unha batidora.
O ladrón Marco antes...
e despois.
Tamén houbo paxariños que ían a Eurovisión e que cantaban cancións de Michael Jackon e outros que namoraban e tiñan familia.
Soubemos a orixinal historia dun acordeón.
E non podía faltar os superheroes "Iron Nuno" A súa creadora ten un irmán que se chama Nuno... casualidade?! Que proba tan bonita de amor!!!
As rapazas e rapaces inventaron o argumento, e decoraron o seu conto. Foron escritores, ilustradores, maquetadores... Quedaron verdadeiras xoias!
Escribiron, leron, imaxinaron, organizaron as tarefas, debuxaron... foi un obradoiro moi completo.
E como tamén eles se sentían orgullosos, houbo lectura en voz alta para que todos a poidaramos escoitar. E moitos posaron con ledicia coa súa creación.
E para finalizar o posado "en familia"
Moitas grazas Patricia polos teus obradoiros tan creativos e tan orixinais. Son unha verdadeira animación á lectura e a escritura.
E moitas grazas rapaces polo voso entusiasmo. Ata pronto!
luns, 27 de maio de 2019
Novidades maio
Co bo tempo chegan moitas novedades á biblioteca.
e por suposto para os USUARIOS MÁIS NOVOS:
NARRATIVA, POESÍA E TEATRO para adultos
DIVULGACIÓN adultos
Esto é unha pequena mostra. O LISTADO COMPLETO podédelo consultar no seguinte enlace:
mércores, 22 de maio de 2019
"Contos da Galicia máxica"
Como non podía ser doutra maneira, a biblioteca sumouse á festa das nosas letras, o día das Letras Galegas e para iso, que mellor que uns contos!
O autor homenaxeado este ano é Antón Fraguas Fraguas e por iso invitamos a Marta Ortiz e ao seu espectáculo "Contos da Galicia máxica" que nos deixou, a maiores e pequenos, abraiados.
Contos de tradición oral, os contos de sempre, de onte e de hoxe, foron os verdadeiros protagonistas desta sesión, vinculando así a narración oral co traballo de antropólogo de Antón Fraguas.
Foi unha demostración práctica de que un bo conto sempre gusta, teña os anos que teña.
Ata pronto, Marta!
Moitas grazas polo teu bo contar!
martes, 21 de maio de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

































