mércores, 22 de maio de 2019

"Contos da Galicia máxica"

Como non podía ser doutra maneira, a biblioteca sumouse á festa das nosas letras, o día das Letras Galegas e para iso, que mellor que uns contos!

O autor homenaxeado este ano é Antón Fraguas Fraguas e por iso invitamos a Marta Ortiz e ao seu espectáculo "Contos da Galicia máxica" que nos deixou, a maiores e pequenos, abraiados. 





 Contos de tradición oral, os contos de sempre, de onte e de hoxe, foron os verdadeiros protagonistas desta sesión, vinculando así a narración oral co traballo de antropólogo de Antón Fraguas.

Foi unha demostración práctica de que un bo conto sempre gusta, teña os anos que teña.


Marta Ortiz axudounos a mirar con outros ollos os obxectos máis cotiás e así foi como vimos caracois peculiares, fermosas galiñas ou vacas rumiantes.



Un momento moi simpático da sesión foi cando Marta armouse con dous carozos que lle serviron para que a rapazada tivera claro o que era un carozo (o que se aprende nunha sesión de contacontos!) e a súa relación coa espiga e para contar unha bonita historia na que todos participamos.


Foi unha fantástica sesión de contos para gozar en familia.


 Ata pronto, Marta!

Moitas grazas polo teu bo contar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario