martes, 3 de abril de 2018

Raposadas, contos para nenos e nenas

Onte, 2 de abril, celebreouse o Día do Libro Infantil e a Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis festexouno por todo o alto cunha sesión de contos para nenos e nenas a cargo de Raquel Queizás titulada Raposadas.



Un grupo de corenta rapaces acompañados dos seus pais acudiron á chamada da biblioteca e escoitaron da boca dunha raposa moi especial contos procedentes da nosa rica tradición oral, adiviñas, onomatopeas...



























Tamén animouse a contada con algunha que outra cantiga e parece que todos, grandes e pequenos, o pasaron moi ben.



Raquel mostrounos xoguetes e instrumentos de música tradicionais como unha boneca ou un cabaliño feitos con folla de millo.














Ao finalizar os rapaces puxéronse en fila e foron estampando cun selo as pegadas que deixan distintos animais...






E aquí temos o resultado do traballo dos rapaces na Biblioteca de Caldas de Reis!!! 


Pasámolo en grande con vós! Ata outra!





luns, 2 de abril de 2018

Coñece a túa biblioteca

Mañán 3 de abril empezamos coas visitas escolares do Colexio San Fermín. Esperamos que o pasen tan ben como os nenos e nenas do colexio Alfonso VII que remataron o mes pasado coas visitas.
Animación á lectura e formación de usuarios son os obxectivos da actividade. Aí van unhas fotos de mostra:
1º de Primaria

1º de Primaria

1º de Primaria



2º de Primaria



2º de Primaria



2º de Primaria

3º de Primaria

4º de Primaria



5º de Primaria


5º de Primaria
5º de Primaria
5º de Primaria

5º de Primaria













6º de Primaria



6º de Primaria


Novidades

                                 
 Para ver completo o boletín de novidades consulta no seguinte enlace:

sábado, 24 de marzo de 2018

Contos en boca de mulleres con Fátima Fernández


Dende terras lucenses veu ata as caldenses a narradora oral Fátima Fernández coa súa sesión de contos para maiores Contos en boca de mulleres.




 
A conexión co público foi total desde as primeiras palabras e debeu ser por iso que Fátima contou unha chea de contos vendo a boa reacción do público. Contounos contos onde mesturaba o humor, o erotismo e a emoción. Fame, emigración, pillería, sensualidade… e algún ingrediente máis fixo que a sesión de contos deixara moita risa e algunha bágoa de emoción. Foi un pracer escoitala e marabillounos a súa expresividade.
 
 



Deste xeito a biblioteca municipal quere facer unha pequena aportación que contribúa á celebración do día da narración oral, o 20 de marzo tal como o sinala o calendario do libro e a lectura da Xunta de Galicia. Tendo en conta que en marzo  tamén é o día da muller, unha sesión de contos protagonizada por unha muller, con contos onde o protagonismo femenino é importante viña moi ben para celebralo.
Recordamos que a biblioteca aposta polas sesión de contos para adultos desde fai moito anos e vén programando unha ao ano para demostrar que os contos non saben de idades

venres, 23 de marzo de 2018

Club de Lectura

Antes de comer o roscón de Pascua, o club de lectura da biblio reuniuse para comentar o último libro lido. O debate xirou en torno a La estratagema da autora búlgara Léa Cohen. Para todos os integrantes era a primeira vez que nos aproximábamos á literatura de Bulgaria e o resultado xeral foi satisfactorio, pasando do "gustoume moito" ao "encantoume" Tamén houbo a algunha persoa que non chegou a enganchar pero a maioría si que o fixo e con intensidade. 



 Esta novela, La estratagema, é a cuarta creación de ficción de Léa Cohen e foi nominada no 2006 para o premio á mellor novela búlgara. 


Tal como se nos informa na contraportada do libro, editado por Libros del Asteroide, é un thriller , unha novela de espías, unha historia de familias e unha novela histórica. En realidade, é todo iso e moito máis. Sorprende que o transfondo histórico sexa ca caída do Telón de Aceiro en Bulgaria pero tamén é unha novela onde se fala de exiliados, emigración, retornados, xudeos...

Unha estructura moi ben deseñada consigue que non nos perdamos entre os entramados dos protagonistas, catro familias víctimas das medidas antisemitas instauradas polo zar Boris III que continuaron sufrindo no rexime comunista e o seu obsesivo control sobre as vidas privadas.




As súas angustias e inxustizas afectará aos seus descendentes e todos están unidos por unha especie de tesouro que teñen que salvar. Conseguiránno? 

Animádevos a lelo. Non vos deixará indiferente.


A finais do mes de abril comentaremos La extraña desaparición de Esme Lennox de Maggie O´Farrell.