Dende terras lucenses veu ata as caldenses a narradora oral
Fátima Fernández coa súa sesión de contos para maiores Contos en boca de
mulleres.
A conexión co público foi total desde as primeiras palabras
e debeu ser por iso que Fátima contou unha chea de contos vendo a boa reacción
do público. Contounos contos onde mesturaba o humor, o erotismo e a emoción.
Fame, emigración, pillería, sensualidade… e algún ingrediente máis fixo que a
sesión de contos deixara moita risa e algunha bágoa de emoción. Foi un pracer
escoitala e marabillounos a súa expresividade.
Deste xeito a biblioteca municipal quere facer unha pequena
aportación que contribúa á celebración do día da narración oral, o 20 de marzo
tal como o sinala o calendario do libro e a lectura da Xunta de Galicia. Tendo
en conta que en marzo tamén é o día da muller, unha sesión de contos
protagonizada por unha muller, con contos onde o protagonismo femenino é
importante viña moi ben para celebralo.
Recordamos que a biblioteca aposta polas sesión de contos
para adultos desde fai moito anos e vén programando unha ao ano para demostrar
que os contos non saben de idades
Ningún comentario:
Publicar un comentario