venres, 30 de xullo de 2021
Novidades para o verán
Rematamos xullo e renovamos a mesa de novidades para que o verán sexa de todo menos aburrido en canto a lecturas. Unha pequena mostra:
![]() |
Para a rapazada |
![]() |
Facer unha lectura pausada sobre algún tema que nos interesa |
![]() |
E por suposto novelas coas que pasar mellor este verán tan atípico. |
O listado completo das novidades pódese consultar neste enlace:
Club de lectura
O 30 de xuño rematamos esta tempada tan estraña do club de lectura co libro Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro. As reunións do "curso" fixéronse de forma virtual pero o punto final foi presencial, e xa que as restricións así o posibilitaron xuntámonos e comentamos a lectura do libro nunha terraza dun local de hostelería do pobo.
Para alguns integrantes do club foi unha relectura e para outros todo un descubrimento dun clásico da literatura galega. En calquera caso un imprescindible.
Ata outubro!
venres, 25 de xuño de 2021
A biblioteca no xardín
Outro ano máis a biblioteca quere iniciar as vacacións de verán cunha chea de contos e historias, títeres e música e de novo tendo o xardín como marco e lugar de celebración das actividades. Como é habitual é preciso inscribirse previamente.
Desexamos que sexan do voso agrado!
mércores, 2 de xuño de 2021
A biblioteca vai ao cole
Debido ás restricións sanitarias polo COVID-19 este curso 2020-2021 non foi posible levar a cabo as visitas escolares de "Coñece a túa biblioteca".
Pero a grandes males, grandes remedios e así propuxémoslles aos centros educativos a posibilidade de facer nós, o persoal da biblioteca, as visitas aos colexios achegando a biblioteca ao alumnado para que coñezan os seus servizos e fondos e preparando con moito agarimo actividades atractivas para os rapaces onde os protagonistas foron os libros e a animación á lectura e fomentar o uso da biblioteca dous dos nosos obxectivos.
Cada centro educativo escolleu o curso ou cursos a visitar:
![]() |
No CPI Alfonso VII coa rapazada de 1º Primaria |
![]() |
No CPR San Fermín cos nenos de 2º Primaria |
![]() |
No CEIP de San Clemente cos rapaces de Infantil |
![]() |
No CPR A Encarnación cos nenos e nenas de Infantil |
E por suposto visitamos os catros grupos do CRA de Caldas de Reis:
![]() |
Escola de Godos |
![]() |
Escola de Saiar |
![]() |
Escola de Santo André |
![]() |
Escola de Carracedo |
Grazas aos nenos e profesores pola súa resposta tan positiva!
Club de lectura
O club de lectura segue funcionando, a medio gas, sen reunións presenciais, pero seguimos lendo e compartindo impresións sobre as lecturas. Quedamos para recoller os libros e comentámolos vía grupo de whatsapp o último xoves de cada mes.
En maio lemos esta deliciosa obra de Elizabeth von Arnim "Abril encantado". Como dixo unha integrante do club, o libro, por momentos, arrecende a flores. As protagonistas, catro mulleres inglesas que deixan durante un mes a choiva londinense e as súas insatisfactorias vidas para ir ao pobo de San Salvatore, Italia, farán que teñamos unha visión máis optimista da vida. Unha lectua moi recomendable!
martes, 25 de maio de 2021
Novidades na biblioteca
Un feixe de novidades chegaron ata a biblioteca. Ficción e divulgación para maiores e pequenos. Aí vai unha pequena mostra:
![]() |
Narrativa para adultos, novidades e non tanto |
![]() | ||
E seguimos con narrativa para adultos aderezado cunha pinga de poesía |
![]() |
O material de coñecemento sempre presente. |
![]() |
Para a rapazada moita aventura, historias de vida, fantasía... |
![]() |
Cómics para tódalas idades |
E por suposto para os máis pequenos da casa: