O club de lectura segue funcionando, a medio gas, sen reunións presenciais, pero seguimos lendo e compartindo impresións sobre as lecturas. Quedamos para recoller os libros e comentámolos vía grupo de whatsapp o último xoves de cada mes.
Debido ás restricións sanitarias pola Covid-19, a biblioteca tivo que pechar dende finais de xaneiro ata o 17 de febreiro polo que a "reunión" de febreiro postergouse ata finais de marzo pola imposibilidade de recoller o libro no centro. Pero a lectura da obra "Cuando sale la reclusa" de Fred Vargas compensou a espera. Unha historia áxil, que te atrapa desde a primeira liña, uns personaxes peculiares e un final sorprendente son elementos que fixeron da súa lectura un verdadeiro pracer. Unha novela policíaca das que deixan pegada.
En abril volvémonos a atopar cunha coñecida autora do club de lectura, a escritora galega María Solar. A obra "As horas roubadas" foi do gusto da meirande parte dos integrantes do club que disfrutaron dunha historia tenra, fácil de ler e entretida.
Calquera dos dous libros forman parte do fondo da biblioteca municipal.
En maio lemos esta deliciosa obra de Elizabeth von Arnim "Abril encantado". Como dixo unha integrante do club, o libro, por momentos, arrecende a flores. As protagonistas, catro mulleres inglesas que deixan durante un mes a choiva londinense e as súas insatisfactorias vidas para ir ao pobo de San Salvatore, Italia, farán que teñamos unha visión máis optimista da vida. Unha lectua moi recomendable!

Ningún comentario:
Publicar un comentario