venres, 18 de maio de 2018

Venres de conto: Fotoconto

Queredes ser os protagonistas dun conto? 
Animádevos a participar neste obradoiro creativo e as vosas fotos se convertirán nas ilustracións máis orixinais.

luns, 14 de maio de 2018

Debulendo lendas... galegas


 Debulendo lendas galegas era a proposta que chegou da man de Esteban de Tarabelos Teatro ata a biblioteca de Caldas de Reis na tarde do venres. E vaia se debulimos! 

 
  
Unha trintena de rapaces e maiores, pais, nais, avós... que cada vez máis se animan a gozar cos seus, dun espectáculo en familia.

 

Onde coa axuda dun precioso kamishibai, ían saíndo lendas. 
Ainda que o principio houbo un momento para falar sobre a figura de María Victoria Morena, a autora a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas.


 

Resultou unha actividade moi interactiva e animada onde cantamos todos e bailaron algunhas das voluntarias. O baile festexaba o triunfo do pobo ante a terrible Coca de Redondela.
 

 Foi toda unha festa!


Con diversión e risas lembramos ao pirata Drake e a valente María Pita con axuda do público. Houbo loita de espadas e todo.



 

Esteban tamén nos contou unha lenda onde aparecía unha serea, personaxe mítico que ás veces é malvado e outras non. E coa serea sempre vai un mariñeiro. Entre o público se atopaban.


 Coñecemos o modo de atrapar gamusinos, eses animais tan esquivos e coma misteriosos...

    

A rapazada debuxaba, a medida que os contos ían medrando, algúns dos personaxes ou elementos necesarios e importantes nas lendas. Foi todo un aprender ou recordar rindo a ritmo de pandereitas e xotas. E rematamos cantando e batendo as palmas

Todo iso cun fantástico kamishibai e uns debuxos impresionantes.

Un boa tarde de contos e lendas.

sábado, 12 de maio de 2018

Novidades

O vindeiro luns 14 poderedes levar en préstamo as últimas novidades chegadas á biblioteca.  Como sempre hai un pouco de todo e para todos.

Para os máis novos da casa...


 Narrativa para adultos e tamén algo de poesía e teatro:



Ensaio e divulgación sobre temas moi variados:


Para ver o listado completo:

mércores, 9 de maio de 2018

Libros radioactivos?!

Hai libros que por diversos motivos os usuarios non levan en préstamo polo que decidimos  quitalos dos andeis e animar aos lectores a levalos para a casa e darlles unha oportunidade. Animádevos!

sábado, 5 de maio de 2018

A galiña dos ovos de conto

Na tarde do venres na biblioteca de Caldas escoitouse un cacarexar especial!. Electra Menéndez de Pedras, artesanía e patrimonio veu visitarnos cunha galiña moi especial. 
A galiña dos ovos de conto, fixo as delicias dos rapaces, xa que modelaron o seu propio personaxe de conto para o que tiveron que meter as mans en fariña.
E iso é moi divertido!


Electra invitounos a ir ao galiñeiro, onde cada neno retirou un ovo que era un personaxe de conto. 

Pero a galiña cantou que se querían máis ovos-personaxes había que facelos. 








E así sairon polbos, dinosaurios, monstros varios e ata coellos.


Grazas rapazada pola vosa creatividade e ata a próxima!


venres, 4 de maio de 2018

Debulendo lendas...galegas

Outro Venres de conto esta vez da man de Tarabelos. Como sempre que Esteban visita a Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis seguro o pasaremos ben. Animádevos!