sábado, 22 de abril de 2017

A biblioteca nas ondas: especial Día do Libro


Onte foi un día moi especial xa que como ven sendo habitual fai uns anos celebrouse
"A biblioteca nas ondas: especial Día do Libro". 
Mañán, domingo 23 de abril, é o Día do Libro e na biblioteca adiantámonos e fixemos un programa de radio onde un grupo de rapaces acompañados das súas profesoras falaron das súas lecturas preferidas. Este ano participou alumnado de 3º de Primaria e os centros que responderon á chamada da biblioteca foron o CPI Alfonso VII, A Encarnación e o Colexio San Fermín.
Por problemas técnicos de última hora non se puido emitir en directo polo que o programa poderá escoitarse en Radio Caldas (107.4 FM) o luns 24 ás 17.00h.

Os nenos do Colexio "A Encarnación" foron os primeiros en sair.

Flavia Rebollar  e Telmo López comentaron as súas lecturas. El Gran Regreso de la Fantasía e Misión Flamenco, ambos protagonizados pola familia Stilton.

 



Lucía Vázquez trouxo un feixe de historias...365! e Nico Piana versos de Gloria Fuertes

Daniel Lois fíxonos partícipes da súa paixon polos dinosauros.

 Paula Diz, profesora de 3º de Primaria do colexio "A Encarnación" e Cristina falaron sobre como traballar a lectura nas aulas e os novos soportes.

O CPI Alfonso VI entrou en segundo lugar. 

               María Aboy e Pedro Diz trouxeron contos de raposos e poemas dun gato

 
Carla leu un parágrafo do conto O merlo do ferro e Martina Regueira transportounos ao país dos contos.

 
Visitamos Pompeia con Mateo Puente.

Daniel Uchofen falounos do libro Cousas de papá de Raúl Gómez

Daniel, Martina e Mateo recitaron unha poesía sobre o libro...e fixérono moi ben!

Josefa Ortigueira e Rosario Souto, profesoras do Colexio Alfonso VII, comentaron as súas últimas lecturas.

O colexio San Fermín rematou a actividade

 
Pedro Muñiz e Lidia Aboy viñeron acompañados de Gerónimo Stilton e dos Cinco.

Sara Triñans e Héctor Diz chegaron con dous libros de misterio. Unha aventura de Tea Stilton Misterio en el Orient Express e o Misterio dos fillos de Lúa.

Nerea Iglesias leu unha poesía feita pola súa clase: Poesía de maio para as nosas bibliotecarias.
Moitas grazas!


Dolores Fresco, titora do curso de 3º de primaria do colexio San Fermín, conversou sobre libros, lecturas e infancia con Cristina. 
 

Moitas grazas aos nenos e por suposto moitas grazas aos centros educativos e ao profesorado, en particular a Paula, Josefa, Rosario e Loli polo seu tempo e colaboración.
Por suposto non nos olvidamos das persoas que viñeron a arroupar aos participantes no programa de radio.
E grazas a Manuel e Estela de Radio Caldas, xa que sen eles sería imposible.
Foi un pracer contar con vós!

luns, 10 de abril de 2017

Horario de Semana Santa



 Como é habitual esta semana a Biblioteca Pública Municipal pechará o xoves, venres e sábado, días 13, 14 e 15 de abril.



Coñece a túa biblioteca


Estos últimos días tivemos outra ronda de visitas escolares dentro do programa Coñece a túa biblioteca presentada aos centros escolares do concello de Caldas de Reis e que integra actividades de animación á lectura e formación de usuarios adaptadas aos distintos niveis educativos.
 
"O Peixe Arco Iris" e o seu acuario


Viñeron os rapaces das escolas unitarias de Carracedo, Godos, Santo André e Saiar e pasámolo en grande, entre outras cousas, xogando ás adiviñas.



  





Os nenos de infantil do colexio San Clemente visitaron a biblioteca dando paso a unha mañá chea de sorpresas. 
Para moitos era o seu primeiro contacto coa biblioteca pública municipal.









Os rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria do Colexio San Fermín tamén gozaron coa actividade completando así as visitas ao centro de todo o seu alumnado de primaria.


O grupo de nen@s de 3º de Primaria do Colexio dos Somascos nos sorprendeu coa súa atención e curiosidade.

Desexamos que o pasárades tan ben coma nós e ao profesorado moitas grazas pola súa colaboración.
Ata outra!

luns, 3 de abril de 2017

As nosas historias: obradoiro de sombras chinescas

Para celebrar o Día do Libro infantil e xuvenil que foi onte, domingo 2 de abril, a biblioteca de Caldas de Reis adiantouse aos festexos organizando o obradoiro As nosas historias a cargo de Olga Abad o pasado sábado.


Unha ducia de rapacees acudiron a esta actividade sobre como facer e contar historias con sombras chinescas.
















Olga mostrounos todos os efectos que se podían facer e tras un conto, os rapaces realizaron as súas propias sombras e logo representáronnas. Como se trataba dun evento, houbo presentadores, técnicos de cores e narradores de contos. 















Houbo que facer algún que outro cambio na biblioteca. Movéronse mobles e o máis importante, tapáronse as ventás para quedar a escuras.


Os rapaces estiveron moi atentos durante toda a actividade.


Algúns pais e nais quedaron á actividade participando activamente dela. Dá gusto ver a súa implicación e como gozamos todos, nenos e maiores da maxia dos contos co xogo que daban as luces e as sombras.


Os nen@s levaron para a súa casa as súas obras e co aprendido seguirán representando os seus contos.
 Ata outra rapaces!

 

sábado, 1 de abril de 2017

Presentación do libro Aprender a comer solo

O último día de marzo, o venres 31, foi o escollido para a presentación do libro Aprender a comer solo da nutricionista caldense Lidia Folgar. A biblioteca encheuse de persoas interesadas; moitas delas viñeron acompañadas dos máis cativos.


Dun xeito moi ameno, Lidia demostrou as súas capacidades como divulgadora e aportounos moita información sobre o modo de ofrecerlle os alimentos aos máis pequenos, dun xeito natural e máis coherente. E falounos dun método de alimentación complementaria desde un enfoque innovador pero moi respetuoso, o Baby-Led Weaning.


A biblioteca adquiriu o seu libro e podedes vir cando queirades a consultalo!
Estará no noso centro de interese "Sobre nen@s" onde podedes atopar información que seguro vos vai interesar.