xoves, 19 de outubro de 2023

Outono na biblioteca

 Estos últimos días a biblioteca encheuse de xente grazas ás actividades que se levaron a cabo. O venres 13 de outubro tivemos unha sesión de contos e un pequeno obradoiro do que gozaron un grupo de nenos e nenas acompañados dos seus pais.

Por outra banda esta semana viñeron a visitar a biblioteca os rapaces de 1º e 2º da ESO do IES Aquis Celenis. Con esta  actividade, "Coñece a túa biblioteca", pretendemos achegar os servizos ao alumnado dos centros educativos do Concello de Caldas de Reis para que poidan aproveitar ao máximo os recursos que teñen ao seu alcance.

Para a vindeira semana teremos máis visitas na biblioteca, o club de lectura e por suposto o martes 24 de outubro a celebración do Día da Biblioteca cunha sesión de contos para nenos e nenas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario