Rapaces premiados coas familias e a concelleira de cultura María López Buceta |
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen.
Na biblioteca de Caldas de Reis quixemos celebrar
este día dun xeito diferente ao realizado outros anos. Este ano e debido ás
restriccións, facer actividades na biblioteca, contacontos, obradoiros, etc é
imposible, polo que pensamos en premiar a aqueles rapaces que nos últimos meses fixeran un maior uso do servizo
de préstamo. E como son uns grandes lectores que mellor agasallo que un pequeño
lote de libros. Os seus nomes son:
- Diego Iglesias Ortigueira (8 anos)
- Pedro Aguirre Eirín (4 anos)
- Suevia Casal Fernández (3 anos)
- Anxo Ortigueira Martínez (5 anos)
- Alba Rivas Núñez (10 anos)
A
concelleira de cultura, María López Buceta, entregou un lote de libros a cada
un dos premiados. Foi unha acto divertido e emocionante. As persoas premiadas
posaron diante da “Porta máxica dos contos”, unha porta á imaxinació e ás historias que os libros nos trasladan. Con este tipo de actividades pretendemos promocionar os libros infantís e xuvenís de calidade e a lectura entre os máis novos.
Alba Rivas Núñez |
Anxo Ortigueira Martínez |
Diego Iglesias Ortigueira |
Pedro Aguirre Eirín |
Suevia Casal Fernández |
Grazas pola vosa participación e entusiasmo!
Una iniciativa preciosa!
ResponderEliminar