martes, 7 de agosto de 2018

Visita da ludoteca


Sesenta rapaces que acoden á ludoteca municipal durante o mes de agosto, visitaron o venres a biblioteca municipal. Algúns xa a coñecían polas visitas escolares ou por asistir con frecuencia ás instalacións, levar libros e películas en préstamo, acudir aos contacontos ou obradoiros. 
Na ludoteca están a traballar diferentes etapas históricas; empezaron pola prehistoria e agora están co medievo. O persoal da biblioteca recolleu a idea polo que na visita onde houbo cantos, adiviñas e poemas, houbera tamén dinosaurios, princesas e castelos...
Debido ao número e as diferentes idades, a visita realizouse en dúas quendas para adaptala mellor. Todos eles tiveron un ratiño para investigar e explorar os fondos ao seu xeito.
 















Foi unha mañá estupenda!


Ningún comentario:

Publicar un comentario