O pasado venres día 22, un grupo de rapaces caldenses activaron a súa imaxinación grazas ao obradoiro impartido por Xandobela. O mecanismo de activación veu da man de Nerea
Entre concentración e conversación deron coa solución...
E entre toda a rapazada decidiron que cada quen faría a súa propia creación!
Coa axuda do combustible máxico, do moco de elefante a modo de pegamento e cunhas cáscaras de noz, cada quen creou a súa propia tartaruga. E todo con material de refugallo e accesible.
Despois botaron unha carreira de tartarugas, demostrando que eran máis veloces do que din algunhas voces.
Primeiro fixeron exercicios de quencemento, por iso das maniotas.
E logo, cando todas as tartarugas estiveron preparadas, fixeron unha carreira das tolas!
Que ben o pasaron os rapaces e os maiores, papás e mamás, que se quedaron a gozar da imaxinación e creatividade dos peques. Seguro que tomaron boa nota para facer máis!
Ata a próxima actividade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario