Hoxe tivo lugar o obradoiro de animación á lectura para pais e nais de rapaces entre 1 e 4 anos: Contos para os máis pequenos.
Foi un verdadeiro pracer contar con este grupo de nenos e pais que visitaron esta tarde a biblioteca.
Falamos de contos, de rimas, de xogos...
Ensinamos todo tipo de libros que a biblioteca ofrece a este público tan especial: libros pop-up, con sorpresa, con música...
Lecturas compartidas en familia |
Descubrindo xuntos novos mundos... |
e que mellor que facelo en compañía! |
Entre contos antes da merenda...un bo plan para o venres! |
Moitas grazas por vir! A biblioteca tamén é dos máis pequenos da casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario