Empezamos falando dos libros que nos acompañaron durante o verán. Olalla recomendou Tierra de Campos de David Trueba e de Alejandro Palomas, Una madre. Pili comentou o moito que lle gustou Tenemos que hablar de Kevin de Lionel Shriver e Chus apuntou Todo esto te daré de Dolores Redondo.
Iniciamos esta nova tempada co título La amiga estupenda de Elena Ferrante. Esta obra é a primeira dunha tetraloxia que tivo un gran éxito e do que
na biblioteca somos testigos xa que a demanda era continua. Como vén
sendo habitual houbo disparidade de opinións. Algúns dos integrantes do
grupo comentaron que a relación de amistad entre as nenas non era
creíble, así como o personaxe de Lila, que parecía demasiado extremo.
Destacouse a violencia que se respira na historia tanto na familia como
na escola ou nas rúas.
O libro deixa un final aberto, con moitos fíos por atar sen embargo non todos mostraron interés por seguir coa saga.Outro dos temas que dou xogo foi o da autoría. Elena Ferrante é un seudónimo e polo tanto descoñécese realmente quen está detrás. Algúns tiñán moi claro que a escrita era a dun home pero... quen sabe?
A seguinte reunión terá lugar o 30 de novembro e o título do libro que comentaremos é La caída de los cuerpos de Maurice Druon.
Ningún comentario:
Publicar un comentario